Mega Man 3

EN ESTOS IDIOMAS

DISPONIBLE PARA

NES

INFORMACIÓN TÉCNICA

Título: Mega Man
Desenvolvedor: Capcom
Ano de lanzamiento: 1990

SINOPSIS

No ano 20XX, após ser vencido dúas veces por Mega Man, o Doutor Wily recoñece o seu fracaso e fai as paces co seu compañeiro o Doutor Light, devolvendo ó mundo a paz que lles quitou ó tentar conquista-lo mundo.

Agora, este inesperado equipo traballa nun proxecto para garanti-la paz mundial: "GAMMA", un robot como endexamais se viu, produto do enxeño destes dous xenios. Pero para que funcione aínda fan falla oito elementos que se atopan fóra da Terra. Convencido polo Dr. Wily, o Dr. Light e máis el contrúen oito novos Robots Mestre e enviaron un a cada planeta para acada-los elementos restantes... nembargantes, un aviso chegou dende as bases mineiros alí instaladas: de súpeto, os Robots Mestre tolearan e comezaron a ataca-los asentamentos!

Avisado polo Dr, Light, Mega Man e mailo seu novo amigo, o robo-can multiúsos Rush, parten para pór fin a esta tolemia... pero unha amiaza en forma de figura robótica semella seguilos ó partiren...

Traducido por

Visita o meu blog para máis contido en galego premendo aquí (ligazón a blog externo)

Porcentajes del proyecto

TRADUCIÓN: 100%
CORRECCIÓN: 100%
EDICIÓN DE GRÁFICOS: 100%
BETATESTING: 100%

DESCARGA LA TRADUCCIÓN

INFORMACIÓN ADICIONAL

O lanzamento orixinal da versión 1.0 deste parche de tradución ó galego fíxose o 3 de setembro de 2024.

 

♣ Mega Man 3 (USA).nes

♣ CRC32: 603AAA57

 

IMPORTANTE: O parche está pensado para empregar na versión NTSC americana do xogo, non aplicares na versión PAL europea.

 

IMPORTANTE:

Inclúense DOUS PARCHES diferentes:

Mega Man 3 (Gz) 1.0.ips -- este é o parche normal; somentes traduce o xogo e inclúe as vogais acentuadas, o Ñ e algunha imaxe de fondo.

Mega Man 3 improvement (Gz) 1.0.ips -- este é o parche de mellora; trátase do traballo de "kuja killer", posteriormente traducido ó galego.

Para xoga-la tradución só precisas aplicar un dos parches; deixo ámbolos dous parches por se alguén ten preferencia dun sobre o outro (haberá quen queira xoga-la ROM con tódalas melloras gráficas, e haberá quen prefira o xogo orixinal sen tanto troco).

 

Como aplica-lo parche:

1) Procura no teu buscador web favorito o nome do xogo co número CRC32 proporcionado para atopa-la ROM.

2) Cun parcheador de IPS coma "Lunar IPS", que podedes atopar aquí, aplicade o parche axeitado.

3) Listo!

CÓMPRALO EN

¿Has mirado bien en eBay?

GALERÍA DE IMÁGENES

Noticias sobre Mega Man 3

No hay noticias relacionadas con este proyecto.

Más proyectos de Retro Galicia Traducións

boku no natsuyasumi portable

Noticia 1

20-01-2021

¡Buenas de nuevo!

Inicia sesión en tu cuenta

¡Crear una cuenta nueva!

Rellena los siguientes apartados para registrarte

Recuperar tu contraseña

Introduce tu nombre de ususario o dirección de email para reiniciar tu contraseña.